Compostela Deporte

Domingo, 05 de Agosto de 2007

O Rosalía pecha o seu plantel para afrontar o seu regreso á LEB.

Imagen

O Beirasar Rosalía 2007/08 xa está listo para comezar a andar. Trala exitosa campaña do pasado ano o clube colexial veiuse obligado a medir ata o último dos seus movementos e arriscar ata o milímetro para completar un plantel competitivo con opcións reais de loitar pola permanencia na categoría de plata do basket español, que desputará por 5º ano na súa historia. Tralas renovacións de Oleson, Riveiro, Boyd e do capitán Legasa, tratouse de conseguir tamén a Bavosi e Santana, pero as súas pretensións económicas provocaron a súa fuxida cara, curiosamente, equipos de categorías inferiores.
Pese os múltiples contratempos, finalmente, todo o plantel poderá comezar a adestrar o mércores que ven nunha pretemporada dura que terá como colofón a Copa Galiza (na que os composteláns xa están en semifinais, que desputará ante o campión do grupo EBA) e o partido de presentación ante o León, recentemente ascendido a máxima categoría.

BASES:


Imagen
Flinder Boyd [LEB2: 26.1 min, 8.8 pts, 2.3 ast, 8.7 val]

Un dos supervivientes do ano pasado, cando compartiu o posto con Fede Bavosi. Millor director de xogo que lanzador, o xogador comunitario xogará un papel importante no aspecto defensivo.

Imagen
Nick Moore [Cajarioja LEB 2: 28.8 min, 12.8 pts, 2.9 ast, 2.6 reb, 11.4 val]

Procedente de Cajarioja, onde cuajou unha excelente tempada, de menos a máis. Bo lanzador e polivalente en ataque, terá esta tempada pasaporte comunitario. Félix Muñoz terá tamén traballo con él en defensa.

ESCOLTAS:
Imagen
Brad Oleson [LEB2: 30 min, 14 pts, 3.5 reb, 1.9 ast, 15.1 val]

O gran descubrimento do Rosalía, fai xa 3 anos. Procendente da NCAA2 mostrouse coma o líder absoluto do equipo dende a súa chegada. A tempada pasada volveu a alcanza-lo seu millor nivel preto dos play-offs tras unha inoportuna lesión. Pese a ser a súa primeira tempada en LEB1, é unha aposta segura.

Imagen
Curtis Bobb [WBC Kraftwerk Wels AUSTRIA: 31.3 min, 15.6 pts, 4.2 reb, 1.8 ast]

O derradeiro fichaxe do Rosalía, aparentemente gran lanzador, con pasaporte austríaco. Pese as boas referencias, é unha das maiores incógnitas do plantel.

ALEROS:

Imagen
Georgio Dedas [Breogán LEB: 27 min, 9.8 pts, 3.5 reb, 8.4 val]

O grego é o único xogador do plantel que provén de modo directo da liga LEB (aínda que tamén Montañana e Legasa xogaron nela). Cuajou bos números en Lugo, onde os 3 entrnadores concordaron en darlle minutos. Lanzador puro, pero mal penetrador, terá que mellorar tamén en defensa.
Imagen
Camilo Riveiro [LEB2: 18.1 min, 6.9 pts, 3.9 reb, 6.8 val]

Outro dos vellos coñecidos. Pese a non completar grandes números, sempre se mostrou coma un home importante nos esquemas de Muñoz. Encargado do traballo "sucio", dos intanxibles. Este ano, aparentemente, retrasará a súa posición, tras ocupar moitos minutos coma 4 o pasado ano.

ALA-PIVOTS:
Imagen
Charles Ramsdell [Tulsa Univ. NCAA1: 6.5 pts, 4.2 reb]

Outra gran incógnita, ocupará un dos postos de extracomunitario. É demasiado pronto para dicir nada destacable.

Imagen
Chris Copeland [Colorado Univ. NBDL: 12.1 pts, 5.1 reb, 1.6 ast]

A outra praza de extracomunitario, e unha das grandes esperanzas do Rosalía. Fichado xa o ano pasado, unha lesión apartouno do Rosalía provocando a fichaxe de Santana. Este ano, trala non renovación do dominicano, volveu a ser a primeira opción do clube. Pode ser un home clave tras dúas temporadas espectaculares na NBDL que incluso o levaron a xogar as Summer Leagues con San Antonio.


PIVOTS:

Imagen
Rogelio Legasa [LEB2: 25 min, 11.15 pts, 4.65 reb, 11.32 val]

O capitán, un xogador veterano con experiencia na categoría. Clave nas dúas últimas temporadas, de envergadura e boa capacidade reboteadora.

Imagen
M.A. Monañana [CAI Huesca LEB2: 31.9 min, 13.9 pts, 6.7 reb, 18.2 val]

O millor xogador nacional da LEB2, protagonista absoluto do conxunto aragonés a pasada tempada, volve a LEB Ouro, categoría por onde pasou sen demasiadas oportunidades en Ourense, con ganas de resarcirse. O pivote que freou a Tractor Traylor, en Santiago.

Imagen
Albert Fontet [Pamesa UPB EBA: 29 min, 13 pts, 7.7 reb, 15.8 val]

A aposta de futuro, compaxinou o pasado ano a tempada do Pamesa Valencia en ACB, onde desputou poucos minutos, coa do UPV de EBA onde foi peza clave. Da o salto a categoría de prata coa intención de facerse un oco. Os seus 2.12 son axuda, aínda que hai dúbidas pola súa pouca envergadura.

Sorte... ¡e traballo!.

Tags: Rosalía, LEB, Baloncesto

Comentarios

Añadir comentario

  • Autor: Convidado
  • Fecha: Domingo, 12 de Agosto de 2007
  • Hora: 15:47
Obra, son Anxinho (ou InfernoAzul, a según o foro) dicirche que é Curtis Bobb en vez de Chris Bobb como está aí escrito. Pódelo comprobar nesta web http://www.rsbb.dk/profile.php?playerid=443

Un saúdo e sorte co blog

  • Autor: fibergran
  • Fecha: Xoves, 16 de Agosto de 2007
  • Hora: 12:48
Graciñas Anxinho, editado xa.
Guiño