Non puido ser. Eladio Jimenez, o corredor do Karpin-Galicia, non puido toma-lo testido do corredor compostelán David Blanco coma campión da Volta a Portugal, o perder o maillot amarelo na derradeira etapa en favor do corredor catalán de LA MMS Xavier Tondo. Finalmente, tras dos triunfos de etapa e a consecución do maillot de lider a unha soa etapa do final quedouse nun cuarto posto, o ser superado tamén polo ídolo local (e gañador de 4 etapas) Cándido Barbosa e por Hector Guerra, ambolosdous do Liberty Seguros.

O certo é que a contrareloxo final non era nada propicia para os intereses galegos dende o primeiro momento. Eladio, escalador, tiña que competir contra dous bos contrareloxistas con menos do minuto de marxe. As condicións climatolóxicas, sorprendentemente duras, xogaban tamén en contra e por iso pronto pareceu claro que superar a catalán e portugués sería cuestión complicada. Para máis inri, a enorme contrareloxo de Hector García aupouno 5 segundos por riba na xeral que o ciclista do Karpin e deixáballe fora do podio, esto sí, totalmente inesperado na escadra galega. Xusto por detrás del na xeral situábase David Blanco, o ciclista santiagués gañador da pasada edición da volta lusa.
Tags: Karpin Galicia, David Blanco, Ciclismo