MOSTOLES 2008 3-1 LOBELLE DE SANTIAGO

-> Pese a domiñar con contundencia o segundo tempo, non conseguiu marcar.
-> O gardamallas Jesús e o canteirán Borja remataron o Lobelle.
-> Alemao perderase o partido ante ElPozo, e César tamén foi expulsado
Trala
cómoda victoria ante o Leis en Sar que daba o pistoletazo de salida a tempada 2007-08 para o Lobelle, chegou o momento de estrearse fora da casa, na sempre complicada pista do Andrés Torrejón de El Soto. E saiu cruz.
O partido comezou mal, con Borja transformando unha xogada de Javi Limones no minuto 3. Tocaba, xa, ir a remolque por primeira vez na temporada. E mostrou o Lobelle unha importante capacidade de reacción, tomou o mando do partido e foi a polo empate. Alemao e duas veces Betao estiveron a piques, pero Jesús e a fortuna non acompasaron o Lobelle. Non se limitou o Móstoles a pecharse atrás, o contrario, tamén ofrecía bo futbol-sala e zarpazos perigosos que Mendiola conseguía, desta vez sí, atallar. O final do primeiro tempo, o 1-0 non reflexaba o espectáculo que ambos equipos deron na pista.
No segundo tempo produciuse un certo cambio de ritmo e actitude. A presión en toda a cancha do Lobelle comezou a facer estragos na defensa móstoleña, e os composteláns facíanse, agora sí, donos claros do partido. A defensa, dicimos, por que non pareceu afectar a un soberbio Jesús. O Lobelle perdoaba e, no ecuador do tempo de xogo, tras unha espectacular xogada de Manu que lanzaba fora, chegaba a primeira expulsión, por doble cartón amarelo, e con ela a primeira superioridade numérica do Móstoles 2008. Os locáis, sen embargo, non só non anotaron senón que mantiveron unha actitude conservadora e apenas causaron perigo. O partido seguiu polos mesmos derroteiros despois. Sen embargo a falta 2:39 chegaba un momento decisivo, co 1-0 en marcador, unha tontería causaba a expulsión directa de Alemao. No millor dos casos (non recibir o segundo), o Lobelle estaría sen marcar, salvo milagre, 2 minutos e apenas lle quedaría tempo. Non houbo que agardar tanto por que durante a superioridade Borja, desta vez sí, anotaba o segundo tanto mostoleño. Yoni marcou un gol máis e Carlinhos, a desesperada, vestiu a camisola de porteiro xogador, pero o partido estaba xa visto para sentencia.
O filial tamén perdeu en Ribadesella (3-1)
O igual que na primeira xornada, os rapaces simularon os maiores e, desta vez, caían, con idéntico resultado, en Ribadesella ante o Rompiente FS, tras un dos máis longos viaxes que farán esta tempada. Os astures xa conseguiron poñerse 2-0 antes do descanso e, aínda que os santiagueses acortaron distancias, non foron quen de culmina-la remontada.
Crónicas do partido:
- AUTOSLOBELLEFS.com: El Lobelle de Santiago perdona demasiado y pierde ante el Móstoles 2008 (3-1)
- LA VOZ DE GALICIA: Borja fulminó a un Lobelle que careció de pegada en Móstoles
- EL CORREO GALLEGO: El Lobelle sucumbe ante la exhibición de Jesús y Borja
-PSGMOSTOLESFS.com: Primera victoria de la temporada del Móstoles 2008 ante el Lobelle de Santiago
- Videoresumen do partido (LNFS.es)Tags: Lobelle, Futbol-sala, Móstoles