Compostela Deporte

Luns, 24 de Setembro de 2007

Ezequiel Mosquera acada o quinto posto final na Volta a España

Imagen

Finou en Madrid a primeira Volta a España do Karpin Galicia e, sinceramente, non podía ser millor debut do conxunto galego nunha das 3 grandes. Tras un forte e ilusionante comezo en Vigo de Carlos Castaño, a mala sorte cebábase co corredor e equipo galegos cando, na segunda xornada, precisamente en Santiago de Compostela, o seu paso por Virxe da Cerca, o corredor víase envolto nunha caída que o deixaba sen opcións de facer unha boa carreira.
Sen embargo, os galegos (especialmente trala retirada de Pereiro por enfermidade) pronto encontraron en quen poñer tódalas miradas nesta volta: Ezequiel Mosquera, ciclista nacido na Ramallosa, a tan só uns kilómetros da capital de Galiza, aupábase entre os destacados da xeral coa chegada das primeiras etapas de montaña. Aos seus 31 anos, habitual no pelotón portugués, o de Teo aproveitou a súa primeira oportunidade coma profesional. Pese a que ninguén contaba con él, Ezequiel só abandonou temporalmente o quinto posto 3 etapas en favor de Samuel Sanchez, recuperandoo nunha magnífica etapa en Abantos sobre o ruso do Caisse de Epargne Vladimir Efimkin e confirmandoo nunha contrareloxo onde, incluso, rematou por riba do seu rival directo.
O de hoxe xa era un homenaxe ao campión, Denis Menchov, e un agradable paseo con inmellorable sabor de boca. Un magnífico quinto posto na xeral, aderezado co meritorio séptimo posto na clasificación por equipos.
Felicidades!

Tags: Mosquera, Ciclismo, Karpin Galicia

Comentarios