Compostela Deporte

Luns, 01 de Outubro de 2007

O Lobelle segue a paga-la súa falta de acerto con derrotas

LOBELLE DE SANTIAGO 1-4 ELPOZO MURCIA TURÍSTICA
Imagen

-> Un gol no primeiro minuto e outro aos 30 segundos do empate, claves.
-> ElPozo xogou na súa propia cancha case todo o partido, pero mostrouse moi eficaz ante Mendiola.
-> A falta de pegada comeza a preocupar moito a José Venancio López.


A misma historia, capítulo 2. Desta vez, iso sí, fronte o campión de liga. O Lobelle segue acusando a falta de eficacia e os partidos séguenselle a escapar pese a domiñar e crear ocasións realmente claras. E é que o Lobelle perdeu ante ElPozo cun so gol no seu casillero, mentres que os murcianos anotaron 4 en 6 lanzamentos a porta en todo o partido.
E o primeiro, nada máis comezar. Tras un lanzamento lonxano, Mendiola non consigue atallar, Mauricio colle o rechace e mandao o fondo das mallas. Aínda non se había cumplido o minuto 1 e o Lobelle xa tiña que remontar. Xa dende ese momento o Lobelle buscou o empate de modo inmediato. Manu, cunha gran xogada que remata cun lanzamento dende 12 metros é o primeiro en poñer en verdadeiros apuros a Caio, que o consegue parar. Leitao, Yoni e Carlinhos serían os outros dos homes que peor llo farían pasar o meta pocero, pero os primeiros encontraronse con él e o terceiro acusou a falla de puntería. Betao, sen embargo, ben tapado e sin Alemao para que lle nutrira de balóns (tampouco estará os vindeiros 3 partidos por sanción), creou menor perigo que de costume. Foi, sen embargo, e pese o dominio, nunha contra cando o Lobelle conseguía o empate. A falta de menos de dous minutos Leitao rouba un balón en media cancha, cede a César e este anota o 1-1. O Lobelle dispuña de unha ocasión máis antes do descanso, e sen embargo foi o ElPozo, 30 segundos despois, quen se ía co 1-2 no electrónico cun golazo, a balón parado, de Baccaro.
O segundo tempo foi, si cabe, de maior dominio galego, especialmente tralo tempraneiro gol de Wilde, pero ElPozo resistiu o asedio. A falta de algo máis de 5 minutos mesmo o Lobelle conseguía un lanzamento de doble-penalti, pero Juanjo, que entraba exclusivamente para eso, atallabao dúas veces (pois houbo que repetilo o adiantarse máis de un metro da distancia reglamentaria). O Lobelle seguiríao intentando pero, xa con Carlinhos de porteiro-xogador, ElPozo conseguía sentencia-lo partido definitivamente con gol de Vinicius.


O filial caeu ante o Hnos Barbeito de Sanxenxo (2-4)

Inediatamente despois do partido do Lobelle fixeron a entrada en Sar os rapaces do filial e o Hermanos Barbeito, para desputar o partido da 3ª Xornada de 1ª Nacional A. Deste xeito, o filial colócase, o igual que o primeiro equipo, cun balance de 1 victoria e dúas derrotas, na zona media-baixa da táboa.

Crónicas do partido:
- AUTOSLOBELLEFS.com: La falta de pegada vuelve a condenar al Lobelle de Santiago
- ELPOZOMURCIA.com: ElPozo Murcia impone su autoridad en Santiago y ya es líder en solitario
- EL CORREO GALLEGO: La pegada de ElPozo tumba a un Lobelle con falta de puntería
- DOBLEPENALTI.com: Un Lobelle sin pegada cayó ante ElPozo
- EL MUNDO DEPORTIVO: ElPozo Murcia, líder intratable

Tags: Futbol-sala, División de Honra, Lobelle, ElPozo

Comentarios