CIDADE DE SANTIAGO 2-0 CD LEMOS

-> Os goles non chegaron ata o segundo tempo, que o Cidade xogou cun home menos.
-> Trala victoria colócase a ún só punto do lider
O Cidade segue sumando e firmando un debut espectacular na 3ª División, iso sí, non sen sufrir. Ante o Lemos tivo que sacar todo o que tiña para conseguir o triunfo pese a encontrarse cunha expulsión pouco despois do descanso.
E iso que comezou forte o Cidade. Os locais, nota tomada do partido ante o Cerceda, deu un recital nos primeiros 25 minutos, sen embargo, non encontrou gol. Durante ese tempo, os árbitros decidiron anular un gol legal de Rafa. Co tempo o efecto da forte saída perdeu forza e o Lemos, sen crear grandes ocasións, foi entrando no partido. No minuto 42 chegaba unha xogada que ameazaba con ser clave, a expulsión de Mariño por agresión.
Sen embargo, o Cidade saiu a morder tamén no segundo tempo. O esforzo tería o seu fruto no minuto 64 con gol de Josito. Logo tocaría sofrir e aguantar, e sufriuse e gauantouse ben, ata que no minuto 91 Jano poñía o 2-0 que sentenciaba.
Mala xornada en preferente
Mala xornada para os equipos composteláns de Rexional Preferente, que se salda cun empate e cunha derrota. O primeiro, o do Compos, que chegaba coma líder en solitario o seu partido en Val do Dubra. O Dubra estaba disposto a levarse o partido e xa se vía claro dende o primeiro minuto de partido. Pese a todo, un golazo de Peter no 44 permitía á SD chegar por diante o descanso. No segundo tempo o partido sería igualmente desputado e o Compos rozou a victoria, pero o Dubra sacaba petroleo nos derradeiros minutos e Luis, de penalti, igualaba no tempo de desconto.
O Santiago de Compostela CF, pola súa parte, perdía en casa con claridade ante un Castro que se mostrou superior por 0-2.
Tags: Futbol, 3ª División, Preferente, Cidade de Santiago